Ás veces, a vida cotiá semella un xogo: xogo de ideas, xogo de contrastes, xogo de egos, xogo de humildades, xogos, xogos e máis xogos.
Pero como moitos outros xogos, este xogo non é unha broma, nin un lugar seguro no que experimentar: é a realidade, dura e núa, que se fas algo que non sexa axeitado, podes ter que pagalo, de mil xeitos distintos.
Por iso, cecais é unha mentira interesada dicir que xogar (fora da realidade, a un xogo no que teñamos unha experiencia segura) é perde-lo tempo, porque, máis ou menos, moitos xogos prepárante... para a vida.